Wednesday 03 de July de 2024

Sesión ordinaria do Pleno da corporación do 30 de maio de 2024


O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada deste 30 de maio, a partir das 19.00 horas, a sesión ordinaria do Pleno da corporación. Acordouse alterar a orde do día para que a moción presentada pola veciñanza fose a primeira en debaterse. A orde do día foi, polo tanto, a que figura a seguir:

1. Moción presentada polos veciños, como representante Germán Fernández Villar sobre o proxecto de ampliación da fábrica Escurís. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 en contra (PP).

2. Dar conta de decretos da Alcaldía e asuntos varios.

3. Aprobación do Plan de medidas antifraude do Concello da Pobra do Caramiñal. Aprobada por unanimidade.

4. Moción do grupo municipal do BNG relativa á necesidade de modificar a Lei 6/2017, de Portos de Galiza, para eximir aos concellos e entidades sen ánimo de lucro do pago pola utilización de terreos portuarios. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 en contra (PP).

5. Moción do grupo municipal do BNG relativa ás actuacións de limpeza, mantemento, reparación e mellora da seguridade vial na AC-305 ao seu paso polos concellos da comarca da Barbanza. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 en contra (PP).

6. Moción do grupo municipal mixto (VIxP) para que a Xunta de Galicia cumpra as súas obrigas respecto ó mantemento da estación de autobuses na Pobra do Caramiñal. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 abstencións (PP).
7. Moción do grupo municipal do PP relativa ó estado no que se atopan as estradas municipais. Denegada ao contar con 6 votos a favor (PP) e 7 en contra (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP).

8. Moción do grupo municipal do PP relativa á actualización da ordenanza municipal de vehículos de tracción mecánica. Retirada a petición do propio grupo municipal do PP.

9. Rogos e preguntas.

Ao igual ca o resto, a sesión está dispoñible na canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal.